Monday 06 de May de 2024

Conciliamos Xogando


Os campamentos de verán Conciliamos Xogando 2022 arrancaron esta mañá nas instalacións do CEIP San Isidro coa participación de 89 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Un programa de lecer didáctico, gratuíto para as familias, co que o Concello busca botar unha man para facilitar a conciliación das obrigas laborais e o coidado dos fillos e fillas durante este mes de xullo. Desenvolverase de luns a venres de 8:45 a 13:45 horas, e buscarase en todo momento fomentar as actividades no exterior e en contacto coa natureza